
A CIG-Ensino e as outras organizacións sindicais solicitamos ao novo Conselleiro a convocatoria da Mesa Sectorial para tratar a OPE de 2009
Oferta de Emprego Público
Co fin de disipar as dúbidas sobre a OPE que está a provocar grande incerteza e inseguridade no ensino, insistimos en que urxe reunir a Mesa Sectorial coas organizacións sindicais para negociar esta convocatoria.