A CIG Ensino e as outras organizacións sindicais exiximos o adiamento das negociacións do proxecto de decreto polo que se regula a formación do profesorado

Mesa Sectorial

A CIG Ensino e as outras organizacións sindicais que representamos ao profesorado do ensino público de Galicia, queremos deixar constancia do noso descontento e desacordo co funcionamento da Mesa Sectorial.
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT, ANPE e STEG que representamos ó profesorado do ensino público de Galicia, queremos deixar constancia do noso descontento e desacordo co funcionamento da Mesa Sectorial
 
Analizada a convocatoria da reunión da Mesa Sectorial para o mércores 30 de xuño, na que se “negociará” o proxecto de decreto polo que se regula a planificación, estrutura, organización e funcionamento da formación permanente do profesorado dos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, desexamos manifestarlle o seguinte:
 
1.- Non imos facer alegacións por escrito a este proxecto de decreto por entender que non está acordado no funcionamento da Mesa Sectorial. Calquera cambio no funcionamento da Mesa Sectorial deberá contar coa unanimidade das OOSS con representación.
2.- A negociación dun decreto destas características no fin de curso e co horario lectivo finalizado, sen a participación do profesorado, parece unha actitude antisindical, antinegociadora e autoritaria que en nada favorece á formación continuada do profesorado e ó sistema educativo galego.
 
3.- Solicitamos o traslado desta negociación para o vindeiro curso, dado que o decreto vaise poñer en vigor ó longo do próximo curso.
 
 
  
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2010.
 
 
 
 
 
CIG           CCOO                UGT                   ANPE                 STEG

Volver