
A CIG-Ensino e as demais OO.SS. demandamos a negociación urxente das oposicións no ensino público
Oposicións 2009. Proposta sindical unitaria
A CIG-ENSINO E AS DEMAIS OO.SS. URXEN A NEGOCIACIÓN DAS OPOSICIÓNS 2009
Todas as organizacións sindicais con representación no ámbito do ensino público demandamos hoxe unanimemente a negociación da oferta de emprego público e a convocatoria de oposicións no ensino non universitario.
Reproducimos a continuación a nota de prensa remitida aos medios de comunicación pola totalidade das organizacións sindicais
NOTA DE PRENSA
Na mañá de hoxe, 3 de abril de 2009, todas as organizacións sindicais con representación no ámbito do ensino público non universitario, conscientes da preocupación existente pola incerteza creada ao redor da convocatoria de emprego público no ensino, instamos aos responsábeis da negociación do traspaso de poderes, por parte do actual e mais do futuro equipo de goberno da Consellaría de Educación, que teñan como punto prioritario a urxencia de negociar a convocatoria de emprego público do ano 2009.
Así mesmo estas organizacións sindicais, trasladarán á próxima Consellaría de Educación que a negociación da Oferta Pública de Emprego e da convocatoria do proceso selectivo se realice con tempo suficiente para garantir que as probas teñan lugar nas datas habituais.
Santiago, 3 de abril de 2009
CIG-ENSINO CC.OO. FETE-UGT ANPE STEG CSIF