A CIG-Ensino e a Mesa esíxenlle ao conselleiro de Política Social que garanta os dereitos lingüísticos e a oferta positiva do galego no centro Jungle World
Denuncian a persecución que sufre unha traballadora por empregar a lingua galega
Ademais a CIG-Ensino e A Mesa reclaman a apertura dun expediente sancionador á empresa que mesmo remitiu unha circular interna prohibindo calquera comunicación en galego e advertindo que o incumprimento desta orde sería considerada “falta grave”.
“A Xunta de Galiza non pode mirar para outro lado. É tamén responsable do acontecido pola política lingüística e o discurso que está levando a cabo e que alimenta actuacións como esta”, subliñou o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao.
Tamén o presidente da Mesa, Marcos Maceira, reclamou da Xunta que actúe de maneira inmediata. “Estamos a falar da prohibición de utilización dunha lingua oficial en Galiza. Detrás desta prohibición –dixo- o que hai é un odio á lingua galega que non se pode consentir e menos nun centro educativo”.
Marcos Maceira referiuse á valentía desta traballadora que fixo posible que este caso saia á luz pública e lembrou tamén que son moitas as queixas e denuncias pola persecución ao galego que, ao longo do ano, chegan á Mesa pola Normalización Lingüística.
Escrito rexistrado hoxe e dirixido ao conselleiro de Política Social
NOVAS ANTERIORES