A CIG Ensino denuncia que o consorcio segue sen dar cobertura ao persoal das escolas infantís “Galiñas Azuis” do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
A isto súmase a lectura restritiva que fai dos permisos e licenzas para recortar dous días de asuntos propios ao persoal das Escolas Infantís. Contra a restrición deste dereito temos presentado Conflito Colectivo
Desde a CIG Ensino esiximos a apertura inmediata das listas de agarda do persoal das Galescolas e o cese das chamadas indiscriminadas ao Servizo Galego de Colocación; así como a concesión dos 8 días de asuntos propios a todo o persoal das citadas escolas.