A CIG-Ensino denuncia que o conselleiro anuncie as especialidades nas que se van convocar oposicións sen negociación previa na Mesa Sectorial
A web de Educación recolle a nota de prensa na que se dá conta da intervención no Parlamento na que anunciou as especialidades
Unha vez máis imponse o desprezo aos representantes do profesorado e incúmprese a obriga que a administración ten de negociar as ofertas de emprego coas organizacións sindicais.
A CIG-Ensino valora como insuficiente a oferta anunciada, tendo en conta a cativa ou inexistente oferta de anos anteriores e as necesidades de profesorado nos centros que non son atendidas pola Consellaría de Educación.
Hai que lembrar que nos últimos anos xubiláronse máis de 4.000 docentes, suprimíronse máis de 3.000 prazas de profesores/as e que, en concreto, nos últimos cinco só se convocaron 993 prazas en todos os corpos, tal e como que se recollen na seguinte táboa.
A CIG-Ensino esixirá que se negocie na Mesa Sectorial tanto as especialidades e o número de prazas e a convocatoria.
|
Mestres |
Secundaria |
2011 |
250 |
18 |
2012 |
0 |
0 |
2013 |
200 |
0 |
2014 |
0 |
93 |
2015 |
432 |
0 |
Ligazón á nota de prensa da consellería
Fragmento da nota de prensa da consellaría.
No referido á OPE, e aínda pendente de concretar o número exacto de prazas ata que se coñeza a cifra de xubilacións, está previsto que haxa oposicións para mestres – nas especialidades de Educación infantil, inglés, francés, Educación física, Música, Educación Primaria, Pedagoxía terapéutica e de Audición e linguaxe-; e para profesores de ensino medio e FP – nas de Lingua Castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Educación física, Orientación educativa, Formación e Orientación Laboral, Hostalaría e Turismo, Informática, Intervención sociocomunitaria, Cociña e pastelería, Instalacións electrotécnicas, Mantemento de vehículos, Mecanizado e mantemento de máquinas, Servizos á Comunidade, e finalmente Sistemas e aplicacións informáticas.