A CIG-Ensino denuncia que Educación revoga o director do Illa da Arousa para amedrentar a comunidade educativa
A Xefatura Territorial cesouno no seu cargo por retrasar un día o inicio das clases pola falta de profesorado
Para CIG-Ensino que a Xefatura Territorial envíe unha ampla nota de prensa aos medios de comunicación, paralelamente á recepción da sanción polo director, é unha demostración do carácter político e represivo da decisión. A CIG-Ensino denuncia que estamos diante dunha decisión política que se quere enmascarar cun documento de 16 páxinas que non di nada agás na última, que e a contén a sanción.
A Xefatura Territorial argumentaba que suspender as clases un día era moi grave e negativo para o alumnado, pero agora cando empece o novo trimestre o alumnado vai ter modificación de profesorado debido ao cambio de horarios necesario ao nomearse un novo equipo directivo.
A CIG-Ensino seguirá adiante co director no recurso de alzada diante do Conselleiro e coas mobilizacións que sexan acordadas pola Comunidade Educativa do IES da Illa de Arousa.
Outras novas
Preto de 5.000 sinaturas de apoio ao director do IES Illa de Arousa
Novas relacionadas

