
A CIG-Ensino denuncia que as supresións en Primaria e Infantil xa superan as 155 unidades e os 240 postos de traballo
Educación confirma que suprimirá 40 unidades e 54 postos de traballo en Lugo
A esta altura xa se coñece oficialmente que Educación pretende suprimir na Coruña, como mínimo, 22 unidades de Educación Infantil e 34 de Primaria, en total, 56. Segundo a información facilitada pola Xefatura Territorial isto suporá a supresión de 87 postos de traballo (34 de Educación Infantil, 47 de Educación Primaria, 2 de Inglés, 4 de Francés, 3 de Pedagoxía Terapeútica, 2 de Audición e Linguaxe e 1 de Orientación Compartida).
En Pontevedra suprímense 19 postos, entre os cales está a supresión de 7 unitarias (4 de francés, 13 de EI e 1 de EP, 1 PT). A Consellaría tamén adiantou a supresión de 8 desprazados en Secundaria. Ademais, a CIG-Ensino xa denunciou que o traslado de ensinanzas da ESO dende o CPI Celso Emilio Ferreiro ao IES Álvaro Cunqueiro tamén suporá a eliminación de 10 prazas de profesorado.
ACTUALIZACIÓN:
Segundos os datos facilitados pola Xefatura Territorial de Ourense o 27 de Xuño en Ourense suprímense 38 unidades (30 de Primaria, 7 de Educación Infantil e 1 de Educación Especial) e 66 postos de traballo.
Nesta ligazon podes consultar o documento elaborado pola CIG-Ensino cos centros nos que se producen as supresións na Coruña.
Na seguinte ligazón podes consultar o documento completo coas variacións de unidades e postos de traballo en centros de Educación Infantil e Primaria da provincia de Coruña remitidas pola Xefatura Territorial e relativas á elaboración do catálogo para o próximo curso 2012-2013.
Na seguinte ligazón podes consultar o documento completo coas variacións de unidades e postos de traballo en centros de Educación Infantil e Primaria da provincia de Pontevedra remitidas pola Xefatura Territorial e relativas á elaboración do catálogo para o próximo curso 2012-2013. Neste mesmo documento podes ver as unidades habilitadas e as Unitarias Pechadas.
Na seguinte ligazón poden consultar o documento coas variacións de unidades e postos de traballo en Lugo
E nesta ligazón podes consultar o documento as variacións de Ourense.