A CIG-Ensino denuncia que a Xunta de Galiza vén de enviar aos centros material en español para a prevención da Sida
Esta actuación da Xunta de Galiza é unha conculcación do Decreto 79/2010 nos poucos aspectos aceptábeis que ten
Esta actuación da Xunta de Galiza é unha conculcación do Decreto 79/2010 nos poucos aspectos aceptábeis que ten, entre eles o artigo 3. 1 que establece que a lingua oficial dos centros educativos é a galega.
“Na Administración educativa de Galicia e nos centros de ensino sostidos con fondos públicos utilizarase, con carácter xeral, a lingua galega e fomentarase o seu uso oral e escrito, tanto nas relacións mutuas e internas como nas que manteñan coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia”
No seu constante desprezo ao noso idioma a Xunta de Galiza incumpre a normativa que ela mesma impón e que a penas ten aspectos positivos, e cando os ten a propia Xunta bótaos por terra.
Unha vez máis, comprobamos o interese desta Administración na españolización descarada do alumnado galego e o seu rexeitamento de todo o que nos é propio, pois o envío de material en español é inaceptábel desde o punto de vista da formación do alumnado.
A CIG-Ensino esixe a retirada desa publicidade e convida a todos os centros educativos a que a devolvan á Xunta.