A CIG-Ensino denuncia que, a tres días do comezo das oposicións, a Consellaría de Educación aínda non publicou a distribución das persoas opositoras nos tribunais

Esiximos a publicación inmediata

A tres días do inicio das probas das oposicións ás diferentes especialidades de acceso á función pública docente, a Consellaría de Educación aínda non fixo público os lugares onde as persoas opositoras teñen que realizar o seu exame.

A Consellaría continúa incumprindo as súas propias normas xa que a propia orde de convocatoria, na súa base décimo terceira, estabelece que a Consellaría fará públicas as horas, as datas e os lugares de realización das probas con 5 días de antelación.

No entanto, a Consellaría continúa instalada na improvisación e desconsideración co persoal, xa que é inxustificábel que as persoas opositoras non coñezan os  centros onde van realizar a presentación e a primeira proba, causando graves prexuízos e inseguridade.

A CIG-Ensino, amais de denunciar publicamente esta irresponsabilidade e irregularidade da Consellaría, exixe que de inmediato se publiquen os lugares, distribución de persoas opositoras e centros onde se vai realizar a presentación e a 1ª proba de todos os tribunais.

Volver