A CIG-Ensino denuncia que a consellaría vendeu fume co proxecto abalar

Novas tecnoloxías

Durante semanas o Conselleiro de Educación ocupou as páxinas dos xornais vendendo o proxecto Abalar “como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria” centrando a súa acción propagandística na venta deste proxecto, e desviando a información sobre as verdadeiras necesidades da Educación.

 A CIG-Ensino denuncia que a consellaría vendeu fume co proxecto abalar

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación no seu afán propagandístico dedicouse a vender fume co proxecto Abalar.
Durante semanas o Conselleiro de Educación ocupou as páxinas dos xornais vendendo o proxecto Abalar “como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria” centrando a súa acción propagandística na venta deste proxecto, e desviando a información sobre as verdadeiras necesidades da Educación. 
Mais cando se ten que pór en marcha o proxecto, compróbase que non vai poder ser porque non está lista a dotación de ordenadores que se precisa, o que pon en evidencia a improvisación coa que Xesús Vázquez goberna desde a Consellaría de Educación.
A CIG-Ensino xa denunciara no seu día que a Consellaría poñía en marcha este proxecto co propósito de desviar máis recursos aos centros privados, que foron os maiores beneficiados desta adxudicación, nun proceso que denunciamos publicamente e no que a Consellaría chegou ao extremo de difamar o profesorado para xustificar o seu favoritismo coa privada.
Unha vez máis comprobamos a irresponsabilidade desta Consellaría, moi especialmente nun inicio de curso que se caracteriza polas deficiencias e a conflitividade, pois moitos centros van iniciar as súas aulas este venres día 10 sen contar co profesorado necesario, e sen saber cando o van recibir, o que afectará non só á atención do alumnado senón á propia organización do centro.

Volver