A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría pretende liquidar a FP no rural

Oferta Formación Profesional

A Consellaría de Educación, vulnerando os canles de negociación e consulta, levou ao Consello galego de FP unha proposta de modificación das ratios mínimas para manter os actuais ciclos e abrir outro novos, que pon en perigo a continuidade da oferta no ámbito rural. A CIG rexeitou rotundamente a proposta da Consellaría que non foi aceptada por ningunha das partes que integran o Consello Galego de FP, incluída a Patronal. A CIG denunciou, en primeiro lugar , que se vulnera a convocatoria dos órganos preceptivos. A CIG esixe a convocatoria dunha mesa sectorial en que se trate o tema e denuncia que na mesa sectorial de 3 de xuño en que a CIG preguntou que novos ciclos se ían impartir o vindeiro curso, a Consellaría nin sequera garantiu que fose haber novos ciclos, mais o día 11 comezaron chamar aos centros indicándolles que ciclos teñen que impartir, mais sen lles requirir cales son as necesidades materiais e de profesorado para implantar os novos grupos e sen ter realizado a necesaria formación do profesorado para abordar esa implantación.
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría pretende liquidar a FP no rural
 
A Consellaría, mentres malgasta diñeiro contra o galego, recorta na oferta de FP no ámbito rural, dando pasos para liquidar moitos dos ciclos en funcionamento actualmente
 
A Consellaría de Educación, vulnerando os canles de negociación e consulta, levou ao Consello galego de FP unha proposta de modificación das ratios mínimas para manter os actuais ciclos e abrir outro novos, que pon en perigo a continuidade da oferta no ámbito rural. A CIG rexeitou rotundamente a proposta da Consellaría que non foi aceptada por ningunha das partes que integran o Consello Galego de FP, incluída a Patronal.
 
A CIG denunciou, en primeiro lugar , que se vulnera a convocatoria dos órganos preceptivos. A CIG esixe a convocatoria dunha mesa sectorial en que se trate o tema e denuncia que na mesa sectorial de 3 de xuño en que a CIG preguntou que novos ciclos se ían impartir o vindeiro curso, a Consellaría nin sequera garantiu que fose haber novos ciclos, mais o día 11 comezaron chamar aos centros indicándolles que ciclos teñen que impartir, mais sen lles requirir cales son as necesidades materiais e de profesorado para implantar os novos grupos e sen ter realizado a necesaria formación do profesorado para abordar esa implantación.
 
Para a CIG é gravísima a proposta da Consellaría  de aumentar o número mínimo de alumnos/as para abrir un novo grupo dun ciclo formativo, pois pasa de 8 alumnos/as a 12 nas cidades e de 6 a 8 nas vilas. Esta modificación vai traer como consecuencia o peche de ciclos, fundamentalmente no rural, o que significa liquidar a oferta de FP. A CIG rexeita esta actitude da Consellaría que recorta investimentos no ensino público mentres dilapida millóns de euros para reducir a presenza do noso idioma.
 
Por outro lado a CIG ten que denunciar tamén que todo parece indicar que en adultos, no curso que vén, substitúen os ciclos LOGSE polos LOE, de tal xeito que o alumnado que empezou o curso pasado un ciclo en adultos se quere rematalo obrígano a pasarse ao réxime ordinario (diúrno), o que demostra que, para a Consellaría, iso da formación ao longo da vida non se ten en conta para nada, posto que cada vez dánselle menos oportunidades ás persoas (reducindo ciclos e obrigando aos de adultos a seguir en diúrno, cando sabemos que a
xente que está en adultos é porque ten dificultades para facelo en diúrno).


A CIG xa presentou un escrito denunciando a actitude da Consellaría polo procedemento de urxencia empregado, por non ter convocado a Mesa Sectorial e contra o incremento do número mínimo de alumnos e alumnas proposto e que vai incidir na desaparición de moitos grupos no ámbito rural, fundamentalmente. A CIG esixe a convocatoria da Mesa sectorial en que reclamará a retirada desta proposta.


ORDE OFERTA ORDINARIO (DOG 16-06-10)  ///  BORRADOR ORDE OFERTA ORDINARIO   ///  BORRADOR ORDE OFERTA ADULTOS  ///  ACTUALIZACIÓN OFERTA FP ADULTOS (WEB CONSELLARÍA 17-06-10)

Volver