A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de educación non realiza a substitución do profesorado das candidaturas electorais

A non cobertura destas baixas supón, na realidade, a eliminación dun dereito do profesorado, ou deixar ao alumnado sen a atención necesaria

A CIG-Ensino denuncia que, segundo informacións da propia administración, non van ser cubertas as vacantes creadas polo dereito das traballadoras e traballadores, no noso caso regulado polo artigo 13.5 (podédelo ler integro ao final da nota) do Real Decreto 605/1999, de 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais de cara ás eleccións municipais 2011

Esta non substitución das baixas incide na organización e funcionamento dos propios centros educativos ou na privación do dereito por parte do profesorado, a destacar o profesorado de bacharelato, xa que logo, coincide a data do permiso electoral co final do curso (exames, avaliacións...)

Volvemos comprobar que a Consellaría se guía por criterios economicistas e deixa sen atender un número importante de alumnos e alumnas, o que repercute na organización interna dos centros e na propia docencia recibida polo alumnado.

A CIG-Ensino denunciará mañá 5 de maio na mesa sectorial a non cobertura destas vacantes e esixirá a súa cobertura.

Esta acción sumase á non cobertura de baixas de menos de 15 días, a non cobertura de baixas próximas a  periodos vacacionais... en definitiva demostra o pouco interese da consellaría nos dereitos do profesorado e incluso do alumnado.


Nota.

Artículo 13.5. Jornada electoral.

5. Los funcionarios públicos y demás personal al servicio de la Administración del Estado y sus Organismos autónomos, incluida la Seguridad Social, que se presenten como candidatos a los distintos procesos electorales, podrán ser dispensados, previa solicitud de los interesados, de la prestación del servicio en sus respectivas unidades, de acuerdo con lo establecido en el artículo 30.2 de la ley 30/1984, de 2 de agosto, durante la campaña electoral. La competencia para la concesión del referido permiso corresponderá al Subsecretario del Departamento ministerial, o al Delegado del Gobierno o Subdelegado del Gobierno, cuando el puesto de trabajo se desempeñe en los servicios Periféricos.

Volver