A CIG ENSINO denuncia que a Consellaría de Educación non publicou no dog a convocatoria de estadías en empresa para persoal docente correspondente ao 2009

Neglixencia da Consellaría de Educación

A Consellaría de Educación non publicou no DOG a convocatoria de Estadías en Empresas para o persoal docente. A CIG-ENSINO considera que é unha irresponsabilidade, por parte da Administración, non utilizar as canles regulamentarias como é a publicación no DOG dunha convocatoria que deben coñecer todos os docentes e que están sustentadas nun 80% polo fondos procedentes da Unión Europea.
A CIG ENSINO denuncia que a consellaría de educación non publicou no dog a convocatoria de estadías 
en empresa para persoal docente correspondente ao 2009
   
A Consellaría de Educación non publicou no DOG a convocatoria de Estadías en Empresas para o persoal docente. A CIG-ENSINO considera que é unha irresponsabilidade, por parte da Administración, non utilizar as canles regulamentarias como é a publicación no DOG dunha convocatoria que deben coñecer todos os docentes e que están sustentadas nun 80% polo fondos procedentes da Unión Europea.
 
Se a Consellaría de Educación considera que por cuestións de axilidade debe utilizar outros métodos para comunicárllelo ós centros, non por iso ten que suprimirse a súa publicación no DOG, tal como se viña facendo en anteriores convocatorias, xa que se estabelecería un precedente moi perigoso que pode espallarse a outras convocatorias coas conseguintes consecuencias legais.
 
A CIG-ENSINO quere facer pública esta denuncia para evitar no futuro que acontezan neglixencias desta entidade.

Volver