
A CIG-ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLARIA DE EDUCACION MANTEN 71 PRAZAS SEN CUBRIR DESDE A SEMANA PASADA. ALGUNHAS DESTAS PRAZAS ESTAN SEN CUBRIR DESDE O INICIO DE CURSO
Prazas que desaparecen das listaxes sen ter sido adxudicadas
A CIG-Ensino esixe a cobertura inmediata de todas as vacantes, incluídas aquelas que non figuran na web da Consellaría mais que están sendo reclamadas polos centros, nomeadamente as de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. É inaceptábel que esta situación se prolongue semanas despois de iniciado o curso. Lembrámoslle ao Sr. Conselleiro de Educación que cubrir as baixas do profesorado é absolutamente necesario para preservar a calidade do ensino, ademais de ser unha medida de fomento do emprego, permitindo que un número significativo de profesores e profesoras accedan a función docente.
A CIG-ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLARIA DE EDUCACION MANTEN 71 PRAZAS SEN CUBRIR DESDE A SEMANA PASADA.
ALGUNHAS DESTAS PRAZAS ESTAN SEN CUBRIR DESDE O INICIO DE CURSO
Hai prazas que desaparecen das listaxes sen ter sido adxudicadas
A CIG-Ensino denuncia que acaba de comprobar hoxe, día 5 de outubro, que ás 9 da maña a Consellaría de Educación ten na súa web 87 prazas sen cubrir, sendo 71 de Primaria, das que 5 se iniciaron antes do día 27 de setembro: catro de Orientación correspondentes aos días 1, 6 e 20 de setembro, e unha de Música, do día 26 de setembro (ver o cadro).
Ademais destas 5 prazas, outras 36 son prazas que están sen cubrir desde a semana pasada. Das 73, 22 prazas para as que está prevista a data de finalización da baixa na semana que vén, non foron cubertas, son baixas de 15 días, que neste momento levan unha semana se cubrirse, o caso mais chamativo é o do CEIP Xan Baña de Santa Comba, cunha vacante de Educación física de 10 días, que remata o vindeiro día 8 de outubro, que previsibelmente se prolongará, mais que a día de hoxe non foi cuberta, o que xa sucedeu con dúas vacantes de musica de 10 e 15 días, que remataban os días 9 e 8 de outubro respectivamente e que xa non figuran na web da Consellaría (ver o segundo cadro).
Data de inicio da baixa | Educación Infantil | Educación Primaria | Inglés | Francés | Musica | Educación Física | Pedagoxía Terapéutica | Audición e linguaxe | Orientación | |
01/09/2010 | | | | | | | | | | 2 |
06/09/2010 | | | | | | | | | | 1 |
20/09/2010 | | | | | | | | | | 1 |
26/09/2010 | | | | | | 1 | | | | |
27/09/2010 | | | 4 | 2 | | 1 | 1 | | 1 | 1 |
28/09/2010 | | | 1 | 2 | | 1 | | | 1 | |
29/09/2010 | | | 1 | 1 | | 1 | | | 1 | |
30/09/2010 | | | 3 | | 1 | | 2 | | | |
01/10/2010 | | | 1 | 4 | 1 | 1 | 2 | | | |
02/10/2010 | | | 1 | | | | | | | 1 |
Total prazas sen cubrir | | 2 | 30 | 12 | 2 | 5 | 9 | | 4 | 7 |
Profesorado libre que pode impartir a especialidade | | 1283 | 1016 | 210 | 20 | 167 | 269 | 297 | 148 | 408 |
Se estes datos son graves, máis o son os de 3 vacantes que non foron cubertas, mais que entre onte e hoxe desapareceron das listaxes, sen que foran adxudicadas a ningún profesor ou profesora, trátase das seguintes:
Especialidade | Nº | Centro e duración da baixa |
Musica | 2 | CEIP Sal Lence, A Coruña (15 días), CEP Otero Pedrayo, A Laracha (10 días) |
Audición e linguaxe | 1 | CEIP Fernández Latorre, A Coruña (1 mes) |
Xa o curso pasado esta práctica fora denunciada pola CIG-Ensino e os centros educativos, e hoxe temos a comprobación de que efectivamente a Consellaría oculta que ten baixas sen cubrir, “descolgándoas” da web, sen que os centros teñan coñecemento do motivo e habendo, como se comproba no primeiro cadro, miles de profesores e profesoras en condicións de cubrir esas baixas.
A toda esta casuística comprobábel nos centros de Infantil e Primaria, súmase a falta de cobertura de prazas en centros de Secundaria. Cómpre indicar que estamos a falar de prazas das que a Consellaría ten un coñecemento efectivo e que segue sen cubrir, mesmo sendo prazas de duración anual. Desde a CIG-Ensino agardamos que os datos que hoxe achegamos non sexan o preludio dun cambio de criterio na cobertura das baixas por parte da Consellaría, tal e como xa comentou algún inspector, pasando as non cubrir as vacantes de 15 días ou menos, fronte ao criterio que viña seguindo até o de agora, que era non cubrir as vacantes de menos de 10 días, criterio que xa comezaban a revisar a finais do curso pasado cando non cubrían as de 11 días.
Ademais de todas estas prazas, están as que non se poden comprobar a través da web, maioritariamente postos de Pedagoxía terapéutica e Audición e linguaxe cos que viñan contando os centros para facer fronte as súas necesidades e que este ano non foron cubertos.
A CIG-Ensino esixe a cobertura inmediata de todas as vacantes, incluídas aquelas que non figuran na web da Consellaría mais que están sendo reclamadas polos centros, nomeadamente as de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe. É inaceptábel que esta situación se prolongue semanas despois de iniciado o curso. Lembrámoslle ao Sr. Conselleiro de Educación que cubrir as baixas do profesorado é absolutamente necesario para preservar a calidade do ensino, ademais de ser unha medida de fomento do emprego, permitindo que un número significativo de profesores e profesoras accedan a función docente.