
A CIG Ensino denuncia que a Consellaría de Educación incrementa un ano máis fondos públicos destinados á privada
Publicados no DOG do 20 de agosto unha orde pola que se modifican os concertos educativos con centros privados até o curso 2012/2013
A Consellaría vén recorrendo ao mes de agosto, para facer o preceptivo anuncio público no DOG destes concertos ou as súas modificacións, co obxecto de que pasen desapercibidos ao conxunto da sociedade. Mentres no ensino público se reducen 132 unidades e 199 postos de traballo en Educación Infantil e Primaria e 993 profesores e profesoras en Secundaria, a Consellaría incrementa o número de unidades concertadas, mesmo en centros que seguen segregando o alumnado por xénero, como o Aloya de Vigo.
A orde publicada hoxe recolle o incremento de unidades concertadas en Educación Infantil en dous centros educativos de Ourense moi próximos dun centro público que vén reclamando o incremento de unidades por demanda de matrícula, tal e como xa se denunciara o ano pasado; unha de primaria en Pontevedra, tres de Educación especial e sobre todo o incremento de unidades concertadas en FP, nomeadamente nos Ciclos Medios, nos que o número de unidades concertadas se incrementa en 10 (3 na Coruña, 1 en Ourense e 6 en Vigo), 10 unidades que se suman á modificación dos concertos para 34 unidades de ciclos medios, que cambian de especialidade.
A orde tamén recolle a formación en centros de traballo para 38 ciclos formativos (31 medios e 7 superiores) que se realizará entre os meses de setembro e novembro de 2012.
A CIG-Ensino considera totalmente inaceptábel e un insulto á sociedade galega esta nova privatización do ensino e denuncia a intención permanente desta Consellaría en desprestixiar o ensino público e favorecer o privado.
Cadro de incremento de unidades (incremento final despois de deducidas as unidades que se reducen en cada etapa sinalada):
CONCERTOS EDUCATIVOS |
||||
Unidades concertadas que se incrementan |
||||
A Coruña |
Ourense |
Pontevedra |
Galiza |
|
Infantil |
2 |
2 |
||
Primaria |
1 |
1 |
||
Ciclos medios |
3 |
1 |
6 |
10* |
Educación Especial |
1 |
1 |
1 |
3 |
* 34 unidades cambian a especialidade |
||||
Formación en centros de traballo: |
||||
A Coruña |
Ourense |
Pontevedra |
Galiza |
|
Ciclos medios |
12 |
5 |
14 |
31 |
Ciclos superiores |
3 |
4 |
7 |
|
Total |
15 |
5 |
18 |
38 |