A CIG-ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLARÍA APROVEITA O MES DE XULLO PARA RECORTAR DRASTICAMENTE OS CADROS DE PERSOAL DOS CENTROS
Redución en Xullo
Desde a CIG-Ensino temos constancia de que estes recortes obedecen a directrices impostas desde a Consellaría de Educación que deu a consigna de reducir o número de profesores desinteresándose da boa marcha do ensino público, orientando a súa política a favorecer a concertada ou a atacar a nosa lingua, como se puido comprobar na posta en marcha de proxectos como o Abalar, ou no malgasto de orzamentos para cambiar os libros de texto de matemáticas, física e química e tecnoloxía para poñelos en español, ou a présa para pór en marcha os centros bilingües, co obxectivo de reducir a presenza do noso idioma no ensino. A CIG-Ensino esixirá que se dote os centros co profesorado que os propios centros reclaman, pois son eles os que coñecen as súas necesidades de atención ao alumnado e anuncia que non aceptará ningunha modificación contraria ás solicitudes realizadas polos centros.
A CIG-ENSINO DENUNCIA QUE A CONSELLARÍA APROVEITA O MES DE XULLO PARA RECORTA DRASTICAMENTE OS CADROS DE PERSOAL DOS CENTROS
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación agardou intencionadamente ao mes de xullo, para, aproveitando as vacacións do profesorado, comunicar aos centros uns recortes drásticos dos cadros de persoal. Non se trata dunha actuación casual, senón dunha decisión premeditada que ten por intención evitar a contestación a este recorte de profesorado que vai afectar ao desenvolvemento das actividades dos centros. Os recortes aplicados por Educación van supor que os centros non poidan atender as necesidades educativas, nin levar adiante os programas previstos, nin as actividades que veñen desenvolvendo habitualmente nin, o que é peor, actuar de maneira eficaz contra o fracaso escolar e atender a diversidade. Ademais estas supresións incidirán na masificación das aulas, pois a redución do profesorado obrigará a realizar reaxustes nos grupos que darán lugar a aulas aínda máis masificadas cás actuais.
A día de hoxe suprímese profesorado en todo o país, así, a modo de exemplo, a Consellaría, mediante a inspección, pretende suprimir de maneira escandalosa, entre outros moitos, os seguintes profesores: 7 no IES Xelmírez II de Santiago, 5 no IES de Arzúa, 4 no CPI de Trazo, 4 no IES de Melide, 1 no CPI da Picota en Mazaricos, 1 no CPI de Bembibre, 3 no IES Fernando Esquío de Neda, 5 no IES Lagoa de Antela de Xinzo, 2 no CPI de Coles en Ourense, 3 no CPI de Xanceda en Mesía, 3 no IES da Pobra do Caramiñal, 4 no IEs de Mos, 2 no IEs da Guía, 1 no IES OS Rosais II, 3 no IES Castelao, 4 no Ies do Castro, 15 no IES Santo Tomé do Feixeiro, 15 no IES de Teis, 15 no Ricardo Mella en Vigo, 1 no IES de Chapela, 1 no IES Illa de San Simón en Redondela, 2 no IEs Val do Tea en Ponteareas, 4 no Ies Pazo da Mercé nas Neves, 1 no IES Illa de Ons de Bueu, 1 no IES María Soliño, 3 no IES Monte Carrasco de Cangas, 2 no IES Salvador Moreno, 1 no IES Mestre Landín de Marín, 2 no IES As Barxas en Moaña, 1 no IES Val Miñor de Nigrán. Ademais hai que considerar as numerosas necesidades de profesorado dos centros que non se están a atender, practicamente todos os centros precisan algún profesor provisional, e moitos precisan entre 2 e 10 profesores, ademais dos casos que vimos arrastrando desde o ano pasado de reducións indebidas de catálogo. Estamos falando por tanto de centos de profesores que se van ver afectados por estes recortes que van dar lugar a supresións de postos de traballo, mobilidade e despedimentos de profesorado interino con moitos anos de servizo, e tamén van impedir a atención ás diferentes necesidades dos centros, nomeadamente a atención á diversidade e a loita contra o fracaso escolar, así como a realización do programa de actividades previsto.