A CIG-Ensino denuncia problemas de cobertura nas listas de substitucións

Solicita da Consellaría de educación dilixencia, tanto nas resolución das convocatorias de aperturas de listas como nas solucións á falta de profesorado nalgunhas listas

Desde a CIG ensino temos coñecemento que a menos de 15 días de comezar o curso xa hai problemas na cobertura de substitucións e mesmo de interinidades nalgunhas especialidades, como pode ser en Sistemas e Aplicación informáticas, onde a día de hoxe hai nove vacantes das cales tres son interinidades e soamente dúas persoas libres na lista de substitución.

Tamén hai varias especialidades onde xa quedan poucas persoas para facer as substitucións, como é o caso de Informática ou Mecanizado e mantemento de máquinas.

Solicitámoslle á Consellería que acelere os trámites para a resolución das lista que abriron o 21 de agosto e se poida proceder a cobertura das vacantes que levan xa días colgadas.

De non ser así, a Consellaría volverá facer uso dunhas listas provisionais que só ela coñece e sen posibilidade de reclamacións.

Por outro lado, desde a CIG-Ensino solicitamos que o goberno do partido popular se adiante aos graves problemas que xa hai en moitas comunidades para atopar persoal para as listaxes de substitucións nalgunhas especialidades, instando á Consellería a facer un estudo das necesidades do sistema educativo para dotalo de profesorado suficiente, e recordámoslle que o primeiro que precisa é facer atractivo o labor docente para que as persoas tituladas queiran traballar como docentes, e iso pasa por mellorar as nosas condición laborais, que nos últimos anos sufriron un deterioro continuado.

Volver