A CIG-Ensino denuncia o incumprimento do acordo sobre cadros de persoal nos centros de Educación Infantil e Primaria

Acordo de cadros de persoal

O 8 de xuño de 2007, a consellaría de Educación, a CIG.ENSINO e as outras organizacións sindicais asinan un acordo que supón un importante avance nas condicións laborais do corpo de mestres e un incremento significativo dos cadros de persoal dos centros de Educación Infantil e Primaria. Este acordo ten como data límite para a súa entrada en vigor o 1 de setembro de 2009.

Porén, a día de hoxe, constatamos que un importante número de centros educativos están a incumprir o Acordo por falta de profesorado, obrigándoo a cumprir horarios por enriba do estipulado. Esta situación está sendo consentida, cando non fomentada, pola Inspección Educativa.
Dende a CIG-ENSINO, non imos consentir esta situación e demandamos da Consellaría que dote os centros do profesorado necesario para dar cumprimento, na súa totalidade, ao acordo, e remita instrucións claras aos equipos directivos para que se corrixa esta situación e cumpra o horario legalmente estabelecido.
Ao tempo, imos solicitar a convocatoria urxente da Mesa Sectorial Docente para comprobar e exixir o grao de cumprimento do antedito acordo.

Volver