A CIG-Ensino denuncia o abandono de funcións da Consellaría, á hora de tomar medidas ante as circunstancias meteorolóxicas adversas previstas para o 24 e 25

INADMISIBEIS INSTRUCIÓNS DA CONSELLARÍA

Hoxe, 23 de febreiro, a Consellaría de Educación vén de ditar instrucións dirixidas aos centros educativos do país, en relación coa previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos nos vindeiros días 24 e 25 de febreiro. Segundo ditas instrucións, “os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento á evolución da presente alerta meteorolóxica […]. De selo caso, facúltase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas […], adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas”. Para a CIG-Ensino, é en todo punto inadmisíbel que a Administración descargue a súa responsabilidade de toma de decisións nos equipos directivos dos centros. As instrucións prescriben que sexan os directores/as quen, á luz da información que anuncie o 112 no seu portal web, avalíen a situación e tomen a conseguinte decisión. De ningún modo é competencia dos centros nin dos seus docentes avaliar os factores meteorolóxicos que as circunstancias poden comportar.
A CIG-Ensino denuncia o abandono de funcións da Consellaría de Educación, á hora de tomar medidas ante as circunstancias meteorolóxicas adversas previstas para os próximos días
Hoxe, 23 de febreiro, a Consellaría de Educación vén de ditar instrucións dirixidas aos centros educativos do país, en relación coa previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos nos vindeiros días 24 e 25 de febreiro. Segundo ditas instrucións, “os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento á evolución da presente alerta metereolóxica […]. De selo caso, facúltase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas […], adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas”. Para a CIG-Ensino, é en todo punto inadmisíbel que a Administración descargue a súa responsabilidade de toma de decisións nos equipos directivos dos centros. As instrucións prescriben que sexan os directores/as quen, á luz da información que anuncie o 112 no seu portal web, avalíen a situación e tomen a conseguinte decisión. De ningún modo é competencia dos centros nin dos seus docentes avaliar os factores meteorolóxicos que as circunstancias poden comportar.
Estamos ante un despropósito máis desta Consellaría, que suma a unha xa longa listaxe deles no que leva de xestión. A CIG-Ensino exíxelle á Consellaría asuma as súas responsabilidades e que, á luz da información técnica de que dispoña, tome as decisións que considere pertinente en caso de risco meteorolóxico.

Volver