A CIG-Ensino denuncia a ineficacia e neglixencia da Consellaría na cobertura das baixas do profesorado

Baixas sen cubrir

A CIG-Ensino vén denunciando ante a Consellaría de Educación e os medios de comunicación a ineficacia e neglixencia da Consellaría na cobertura das baixas do profesorado. Tal e como denunciamos o curso pasado e como lle reiteramos novamente na Mesa Sectorial de 24 de outubro, a Consellaría soamente está a cubrir as baixas para as que resten 15 días no momento de realizar o chamamento, independentemente de que a súa duración total sexa de 15 ou máis días. En ningún caso cobren baixas de menos de 15 días.

Ligazón

Volver