A CIG Ensino denuncia a falta de profesorado e coidadoras ou coidadores así como a masificación de alumnado nos CEIPs de Oroso
Absoluta chapuza na apertura do novo centro
A CIG Ensino quere denunciar a absoluta chapuza que fixo a Consellaría de Educación coa apertura do novo CEIP de Oroso, no mesmo Concello.
O que debería ser unha boa nova e unha mellora na calidade do ensino convertese en todo o contrario. A dotación de material do novo centro (CEIP Oroso) é inexistente, e para solucionar transmiten a orde de que o profesorado transporte 1/3 do material do centro vello (CEIP Sigüeiro), sen máis aclaración ou explicación.
A división do alumnado entre os dous centros fíxose sen crear a comisión de escolarización, descargando a responsabilidade nas direccións dos centros e sempre buscando a solución a este ano, sen pensar que vai pasar nos anos sucesivos cando aumente, a matrícula, ou incluso este mesmo ano coas novas incorporacións que xa está habendo.
As aulas están máis masificadas con dous centros: varias aulas con máis de 25 alumnas e alumnos.
Menos profesorado de atención ao alumnado de Necesidades Educativas de Apoio Específico (NEAE): eliminaron unha mestra ou mestre de Pedagoxía Terapéutica e unha de Audición e linguaxe.
Eliminación dunha praza de coidadora, cando hai tres nenos que precisan de coidadora, só teñen 2 coidadoras.