A CIG-Ensino denuncia a eliminación do bacharelato nocturno no CIFP Politécnico

Prácticas autoritarias da Consellaría

A CIG-Ensino quer denunciar o abuso e desconsideración da Consellaría da Educación co profesorado e alumnado do CIFP Politécnico (antes IES Monte de Conxo) de Santiago ao eliminar o bacharelato nocturno sen negociar, nin publicar no DOG a supresión destas unidades, malia o compromiso da anterior Consellaría de manter este bacharelato.

Estamos diante de actuacións da Consellaría que incumpren absolutamente a súa propia normativa, desfacendo e facendo ao seu antollo sen aterse a ningún tipo de pauta, con total arbitrariedade e autoritarismo. Non se pode entender doutro xeito que se lle chame por teléfono ao profesorado afectado con numerosos anos de servizo e destino definitivo para comunicarlle en período de vacacións que vai ser desprazado do seu centro, unha vez xa que rematou o prazo para solicitar vacantes para o profesorado desprazado. Igualmente afecta ao alumando matriculado neste centro que se verá trasladado a outros centros.
A CIG-Ensino esixe da Consellaría a paralización desta proposta por ser extemporánea, irregular e sen previa negociación.

Volver