
A CIG-Ensino cualifica de raquítica, insuficiente e un lavado de cara a oferta de emprego anunciada polo Conselleiro de Educación
Nos últimos tres anos non houbo oferta de emprego nestes corpos
Trátase dunha oferta raquítica e totalmente insuficiente, tendo en conta que só en Secundaria hai máis de 3.000 interinos/as.
Pretende ser un lavado de cara cando se produciron máis de 4000 xubilacións, se reduciron os cadros de persoal en 3.000 mil docentes e as necesidades de profesorado nos centros están sen ser atendidas.
Nos últimos tres anos non houbo oferta de emprego nestes corpos.
Nin sequera se cumpre co proxecto dos orzamentos da Xunta e do Estado que xa reducen a un 10% a taxa de reposición de emprego nas administracións públicas, o que leva consigo o aumento das interinaxes e a inestabilidade laboral.
Unha vez máis o conselleiro volve vulnerar os órganos de negociación ao realizar este anuncio á marxe da Mesa Sectorial e sen previa negociación coas organizacións como é preceptivo.