
A CIG-Ensino critica as condicións nas que Educación oferta o Programa de Acompañamento Escolar en Lingua Estranxeira
Educación non vai contratar novos docentes e non establece criterios para a selección do alumnado
A CIG-Ensino denuncia que se fixe un prazo de tempo tan pequeno, ata o 17 de decembro, para que os centros comuniquen o número de grupos cos que o centro se acollerá ao Programa e tamén que non exista criterios claros para a selección do alumando.
A CIG-Ensino critica a potestade que se lle dá ás direccións xa que o criterio de selección dependerá unicamente da equipa directiva e do profesorado especialista do centro sen saber a que criterios acollerse e que poden discernir dun centro a outro. Tampouco está de acordo con que a participación se limite a dous grupos de dez alumnos/as como máximo e que para a única materia que se articule este reforzo sexa a lingua estranxeira.
Por outra banda, a CIG-Ensino esixe que para este tipo de programas se contrate a profesorado especialista pois non se pode condicionar a que o haxa no centro. Ao mesmo tempo non acepta que se obrigue ao profesorado do centro a facer horas extras, como sucede actualmente, aínda que sexan retribuídas.
Este programa que leva cabo a Consellaría en colaboración co Ministerio desenvólvese fóra do horario lectivo, con dúas horas semanais de apoio en lingua inglesa.