A CIG-Ensino CONVOCA CONCENTRACIÓN O MERCORES 17 ÁS 11:30, diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, polo despedimento de máis de 135 interinos e interinas.

Adxudicación de Destinos en Secundaria

Xa podes consultar a Adxudicación definitiva de destinos de Secundaria para o curso 2008-2009. Con esta axudicación de Destinos en Secundaria A Consellaría de Educación envía ao desemprego a máis de 135 interinos e interinas no ensino. CONCENTRACIÓN MERCORES 17 de setembro ás 11:30 diante da Consellaría de Educación, en San Caetano.

Adxudicación Definitiva de Destinos Para o Curso 2008-2009 de Secundaria
Podes consultar neste enlace a adxudicación

Coa Adxudicación de Destinos en Secundaria A Consellaría de Educación envía ao desemprego a máis de 135 interinos e interinas no ensino.


CONCENTRACIÓN o MERCORES 17
ás 11:30 diante da Consellaría 
A Consellaría de Educaciónvén de publicar, hoxe, a adxudicación definitiva dos destinos do profesorado interino e funcionario en prácticas de materias comúns de secundaria: Filosofía, Grego, Latín, Lingua castelá e literatura, Xeografía e historia, Matemáticas, Física e química, Bioloxía e xeoloxía, Debuxo, Francés, Inglés, Alemán, Música, Educación física, Psicoloxía e pedagoxía, Tecnoloxía, Lingua e literatura galega. Máis de 135 interinos e interinas que traballaron durante todo o curso pasado quedaron sen praza nesta adxudicación, aos que hai que engadir a totalidade do profesorado que se converteu en interino durante o curso pasado e a case a totalidade do persoal substituto

Así mesmo, moitos funcionarios de carreira foron colocados en materias que non son da súa especialidade, malia que están na fase de prácticas e en consecuencia terán que presentar a memoria dunha materia que non corresponde á que aprobou na oposición.

A situación é tan grave que hai materias nas que non se coloca ningún interino
, léase Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelán. Noutras moitas materias (Filosofía, Educación Física, Grego, Debuxo...) soamente se colocan de 1 a 3 interinos/as, feito que nunca aconteceu.

É inadmisíbel que esteamos asistindo a un inicio de curso no que a Consellaría de Educación está reducindo os cadros de persoal
dos centros de ensino, non atende numerosas demandas do profesorado, as aulas están masificadas con rateos que, mesmamente, superan as obrigatorias e, mentres, condénase ao paro a numerosos/as interinos/as.

O aforro de profesorado deseñado pola Consellaría para este curso, supón que se asignen destinos nos que o/a profesor/a ten que impartir ademais da súa materia 1, 2 ou 3 materias que non son da súa especialidade: 546 profesores/as con 1 materia, 102 con 2 materias e 25 con 3 materias que non son da súa especialidade. Mentres, non importa que o profesorado quede sen traballo, aínda que sexa en detrimento da calidade do ensino, e que non se poidan efectivizar as medidas necesarias para previr e reducir o fracaso escolar.

Evidénciase, con isto, máis que nunca, a necesidade dun acordo de estabilidade que evitaría esta situación de total incerteza e de despedimentos masivos, máxime se temos en conta que existe profesorado interino que non se pode presentar ás oposicións, habendo casos de interinos con máis de 10 anos de antigüidade.

Diante desta situación, sumamente grave, a CIG-Ensino exixe da Consellaría que se doten os centros do profesorado necesario para que os/as interinos/as sexan nomeados de inmediato e solicita que se convoque unha reunión urxente da Mesa Sectorial.

Así mesmo, a CIG-Ensino convoca unha concentración para o mércores, día 17 de setembro, ás 11:30 diante da Consellaría de Educación, en San Caetano, co obxectivo de que adxudiquen praza a todos os interinos e interinas. Mobilizacións que continuaremos até que ser resolva este conflito.


CONCENTRACIÓN o MERCORES 17
ás 11:30 diante da Consellaría 

Imprime e espalla. Imprime e espalla. Imprime e espalla. Imprime e espalla. Imprime e espalla. Imprime e espalla.

AVISO IMPORTANTE PARA OS OPOSITORES EN PRÁCTICAS QUE NON OBTIVERON DESTINO NA ADXUDICACIÓN DO DÍA 12/09/08.
Aqueles opositores das especialidades de lingua castelá e literatura (590004) e lingua e literatura galega (590053) que foron nomeados en prácticas pola Orde do29 de agosto de 2008 (DOG do 2 setembro de 2008) e que non obtiveron destino na adxudicación provisional de destinos realizada o día 12 de setembro de 2008 serán chamados en datas inmediatas e coa maior celeridade posible co fin de adxudicarlles un destino. O luns colgaremos nesta mesma páxina as instrucións para a toma de posesión.

Accede a toda a Información sobre o Concurso na seguinte ligazón.

Volver