A CIG-Ensino convoca asembleas informativas para o persoal interino e substituto
Para poñermos ao día de todas as novidades e dereitos
Asembleas informativas dirixidas fundamentalmente a profesorado interino e substituto en activo pero tamén a quen está ás portas de formar parte deste colectivo, quen está interesado en anotarse ás listaxes de substitución ou quen quere coñecer o funcionamento destas.
Como os tempos que estamos a vivir esixen de todas e todos nós as máximas cautelas e unha organización que asegure un espazo sen riscos, nesta ocasión será necesario comunicar previamente a asistencia ás asembleas xa que, ao estar abertas a todas as persoas integrantes e aspirantes a formar parte das listaxes de substitución para o ensino público non universitario de Galiza, precisamos saber de antemán se temos que aplicar algún tipo de limitación de aforo.
Para comunicar a túa asistencia tes que cumprimentar os teus datos neste FORMULARIO
LUGARES E DATAS
Todas as asembleas serán ás 18:30 nos locais da CIG salvo que se diga o contrario.
- Luns 19: Burela, O Grove, A Guarda e Ourense.
- Martes 20: Arzúa (Aula 3 do Multiusos Terra de Queixo), Ribadeo, Vilagarcía e O Barco de Valdeorras.
- Mércores 21: A Coruña, Carballo, Ferrol, As Pontes, Santiago de Compostela, Ribeira, Viveiro, Pontevedra, Vigo, A Estrada, Cangas do Morrazo, A Pobra de Trives (IES Xermán Ancochea) e Verín.
- Xoves 22: Cee, Lugo, Monforte, Lalín e Porriño.
As asembleas que se convocan neste momento fanse respectando as limitacións existentes para actos en espazos interiores. No caso de que se aplicasen novas restricións, antes da data das reunións, comunicariámolo ás persoas previamente anotadas.