A CIG Ensino convoca ao profesorado a seguir pronunciándose en contra do anteproxecto do bacharelato

Novas mobilizacións

Logo da primeira entrega de sinaturas e despois das diferentes mobilizacións levadas a cabo, diante da actitude intransixente da Consellería que se sigue a negar a recibirnos e abrir canles de negociación, a CIG-Ensino chama ao profesorado a seguir a mobilizarse.
Novas convocatorias contra este decreto
A CIG-Ensino vénse mobilizando desde que o profesorado nas diferentes asembleas (17/4/07) ratificaron o rexeitamento desta proposta de bacharelato polas deficiencias e prexuízos causados ao ensino galego (redución carga horaria de materias fundamentais como Historia, Filosofía e Ed. física, consolidación da relixión até 2º Bac, non se garanten modalidades mínimas, debilítase a Música e a Tecnoloxía, os contidos afástanse máis da nosa realidade….)
Temos levado a cabo concentracións  e actos simbólicos (14/5/07) diante da Consellaría (23/4/07) e Consello Escolar (28/4/07), folga e manifestación (29/4/07), xornada de aulas abertas (20/5/07) e entrega de sinaturas (21-5-07) e a Consellería continúa a negarse a recibirnos e a escoitar o clamor do profesorado. Por isto compre seguir a mobilizarse pola mellora deste anteproxecto.
A CIG-Ensino vai promover o pronunciamento da xuntas de persoal docente non universitario o próximo mércores 28 de maio. E convocamos ao profesodado para realizar outra concentración diante da Consellaría de Educación o vindeiro mércores 4 de xuño. Así mesmo, a CIG-Ensino participará na concentración que está previsto para o vindeiro sábado 31 de maio na praza do Toural en Santiago de Compostela.

Vídeo coas últimas mobilizacións:

Volver