A CIG-Ensino convoca a todas as organizacións sindicais para valorar as mobilizacións contra a proposta de calendario da consellaría

Calendario Escolar

O pasado 12 de abril, a CIG-Ensino dirixiuse a todas as organizacións sindicais para convocalas a unha reunión que terá lugar mañá 17 de abril, ás 12 horas no Hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela. O obxecto desta reunión é valorar a posibilidade de convocar o profesorado afectado á folga.

A CIG-ensino convoca a todas as organizacións sindicais para valorar as mobilizacións contra a proposta de calendario da Consellaría

 

O pasado 12 de abril, a CIG-Ensino dirixiuse a todas as organizacións sindicais para convocalas a unha reunión que terá lugar mañá 17 de abril , ás 12 horas. O obxecto desta reunión é valorar a posibilidade de convocar o profesorado afectado á folga.

A día de hoxe a Consellaría de Educación non só non atendeu as demandas do profesorado, senón que mesmo publicou no DOG de hoxe a Orde de calendario escolar, nun acto que entendemos como unha provocación cando se lles demandou retomar esta negociación, e son coñecedores da posición do profesorado contraria á súa proposta.

 A CIG-Ensino entende que, ante a actitude da Consellaría, cómpre dar unha resposta contundente. Agardamos que na reunión de mañá se acorde unha proposta conxunta para chamar o profesorado á folga en contra da eliminación da xornada en horario matinal para os meses de setembro e xuño.

Volver