A CIG-ENSINO CONSIDERA UNHA BURLA A ACTITUDE DESTE CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

A CIG-Ensino, despois de percorrer os centros educativos durante estes días, comprobou o descontento absoluto e o rexeitamento total ás propostas de Educación, por iso podemos dicir que mañá serán moitas e moitos os docentes que acudan a Compostela.

Escusa mentirlle unha vez máis ao profesorado interino e substituto porque eles que os sofren saben ben que cada ano se produce un empeoramento das súas condicións de traballo, con despedimentos, reducións de tempo de contratación, etc., porque a Educación non lle importa a calidade do ensino e prefire ter a máis de vintecinco nenos e nenas durante quince días ou dous meses sen o profesor que lles corresponde, para non contratar nin pagar a unha persoa que está incrementando as listaxes do INEM, e mentres tanto págalle á concertada.

Mañá, martes, día 28, ás 11:30 horas, partirá da Praza do Toural a manifestación do profesorado para esixir a retirada da proposta de ampliación do horario lectivo do profesorado e a obriga de custodiar o alumnado desde a chegada do transporte até que se inician as aulas e desde que saen das clases até a chegada do transporte.

A CIG-Ensino, despois de percorrer os centros educativos durante estes días, comprobou o descontento absoluto e o rexeitamento total ás propostas de Educación, por iso podemos dicir que mañá serán moitas e moitos os docentes que acudan a Compostela.

O Conselleiro actúa como un pequeno ditador ao servizo do neoliberalismo aplicando a consigna de destruír o público en beneficio do privado, deste xeito cunha man asina o incremento do horario lectivo e das funcións do profesorado, coa pretensión de reducir máis de mil postos de traballo nos centros de ensino de Infantil e Primaria e un número incualificábel en Secundaria, mentres coa outra reparte diñeiro público ao ensino concertado incrementando novas unidades, mesmamente en tramos educativos non obrigatorios. Cando entrega diñeiro público á privada non lle acorda “xestionar de maneira eficiente os recursos”, o seu argumento preferido para atacar o ensino público, esquecendo intencionadamente todos os recortes realizados até a data nos salarios (-7%), na formación, na dotación dos centros, etc., etc.

Ditatoriais son tamén os procedementos da Consellaría, negándose a atender as demandas sindicais, negándose, por tanto, a escoitar aos representantes lexítimos de 32000 profesores e profesoras, un dereito básico de calquera traballador ou traballadora. Mais o descaro do Conselleiro non ten límite, porque despois de negarse a recibir os representantes dos seus traballadores e traballadoras, diríxese por escrito á sociedade a través dun medio de comunicación onde non podemos ver como se pon colorado enfiando unha mentira detrás doutra.

Mente e manipula, demostra a súa cara dura ao ocultar que a rateo de alumno/a por aula é de 25 en Infantil e Primaria e de 30 en Secundaria, sen contar os repetidores, que poden exceder esa cifra, e que así é en moitos centros educativos. Mente e manipula cando di que incrementar as horas lectivas vai servir para atender as necesidades educativas, como? Como se poden atender as necesidades educativas con rateos tan elevadas, cando non se pode reducir o número de alumnos por aula, cando se lle está comunicando aos centros que non poderán facer nin desdobres e cando se lle suprime ao profesorado o horario que tiña destinado, entre outras funcións a traballar na mellora da calidade educativa.

Señor Conselleiro, non somos nós os que alarmamos cando dicimos que se van suprimir mil postos de traballo, somo prudentes, porque na realidade se fóramos centro a centro preguntando cantos postos se suprimen ao facer o novo cómputo horario veríamos que mil é un número pequeno en relación co que realmente se pode dar. 

Escusa mentirlle unha vez máis ao profesorado interino e substituto porque eles que os sofren saben ben que cada ano se produce un empeoramento das súas condicións de traballo, con despedimentos, reducións de tempo de contratación, etc., porque a Educación non lle importa a calidade do ensino e prefire ter a máis de vintecinco nenos e nenas durante quince días ou dous meses sen o profesor que lles corresponde, para non contratar nin pagar a unha persoa que está incrementando as listaxes do INEM, e mentres tanto págalle á concertada.

Deixe de mentir, dimita, iso é o mellor que pode facer polo ensino. 

Volver