A CIG-Ensino considera inaceptábel e inxustificábel que se sigan reducindo os orzamentos dedicados a Educación

Un novo recorte ao ensino público: A Xunta vén de anunciar que de aquí a finais de ano a consellaría de Educación contará con 8,7 millóns de euros menos

Para o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, “esta é unha medida máis ao itinerario marcado pola consellaría de Educación de recorte permanente no ensino público, que supón desterrar o principio de equidade e de igualdade de oportunidades que debe sempre procurar a educación pública, en consecuencia os máis prexudicados serán aqueles sectores da sociedade máis desfavorecidos e aquel alumnado que máis necesita o ensino público”

Volver