A CIG-Ensino considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto

Recortes no ensino público

A CIG-Ensino considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na sesión do Consello Escolar de Galiza do 18 de xuño, admitidas tamén polo presidente da Xunta de Galiza. Esta proposta de recorte, xunto con outras que a Consellaría de Educación está levando adiante, nestes primeiros meses do seu mandato, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo.

O ensino, entendido como un servizo público, debe garantir a cobertura universal da gratuidade dos libros de texto en todos os niveis, e, sobre todo, no que se refire ao ensino obrigatorio. Esta medida non pode ser a resposta do goberno aos problemas económicos da actual situación, tal e como argumentou o conselleiro. De feito, nun contexto económico precario, o goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política, mesmo aquelas que supoñen un ataque frontal ás garantías fundamentais polas que o goberno debe velar. Esta política supón un paso atrás no plano educativo e mesmo social, e é unha proba máis de que o actual goberno está a botar por terra todas as políticas e avances que ata o de agora se tiñan conseguido.
 
Volver