A CiG-Ensino consegue que se negocien as vacantes do concurso de tralados na delegación da Coruña
Vacantes Concurso de Traslados
A CiG-Ensino consegue que se negocien as vacantes do concurso de tralados na delegación da
Como sabedes as delegacións da Coruña e Pontevedra eran as únicas que non negociaran as vacantes do concurso de traslados na Xuntas de Persoal.
En Pontevedra, e grazas a presións da CIG-Ensino, acabáronse negociando en Febreiro, na Permanente da Xunta de Persoal, polo que a única Delegación que quedaba sen negociar era a da Coruña.
A representante da CIG-Ensino na Xunta de Persoal da Coruña mantivo unha entrevista co Delegado o 20 de febreiro, na que volveu recordar o escrito presentado esixindo a negociación das vacantes na Xunta de Persoal.
O Delegado remitiu un correo ás organizacións sindicais solicitando as vacantes que non se incluíran, para manter unha próxima reunión pendente de data.
Tal como dicimos no parágrafo anterior, esta reunión, a día de hoxe (26 de febreiro de 2009) aínda está pendente de data, por moito que certas informacións a daten nesta mesma tarde.