
A CIG-Ensino comeza unha recollida de sinaturas pola adaptación do PROENS á Educación Infantil
O profesorado de infantil quere mostrar a súa preocupación pola non adaptación do PROENS á súa etapa educativa
Despois de estudar a aplicación e coñecer o seu funcionamento decatámonos de que a singularidade do ensino na Etapa Infantil non está sendo considerada, tal e como xa reflectiu a CIG-Ensino na mesa sectorial na que se tratou o novo currículo da Educación Infantil.
O alumnado de Infantil atópase nun momento evolutivo completamente diferente ao das outras etapas e isto permea á práctica docente, impedindo que a planificación se axuste a unha estrutura que pode ser válida para as demais etapas mais non para a Educación Infantil.
Solicitamos encarecidamente se revise a estrutura da Aplicación PROENS e se adapte á nosa realidade.