
A CIG-Ensino chama ao profesorado a secundar a folga do 9 de maio
A CIG-Ensino anima a participar nas mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ás 11:30 horas en todas as comarcas
Para a preparación desta a folga a CIG-Ensino fixo máis de 1.000 asembleas nos diferentes centros de ensino do país que se suman ás xa realizadas durante todo o curso. Este traballo súmase ao esforzo informativo que a CIG-Ensino levou a cabo desde que foi coñecededora do anteproxecto de LOMCE polo que ten de lesiva para o sistema educativo. Previamente a CIG-Ensino xa levara a cabo diferentes iniciativas como a realización dunhas xornadas monográficas e a recollida e entrega ao conselleiro de Educación de 10.172 sinaturas do profesorado galego contra a LOMCE.
A oposición da comunidade educativa galega a LOMCE, que agora culmina na convocatoria desta folga, tamén se fixo visible a través das diferentes accións promovidas durante o curso desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, as últimas accións foron os peches rotatorios en 15 centros educativos de todo o país durante todo mes de abril nos que participaron preto de 3.000 persoas.
As manifestacións convocadas as 11:30 horas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, partirán dos seguintes lugares:
OURENSE: Xefatura territorial
VIGO: Praza dos Cabalos
FERROL: Praza de España/Praza de Armas
VILAGARCÍA: Praza de Galiza
PONTEVEDRA: Praza da Ferrería
A CORUÑA: Praza de Vigo
LUGO: Praza da Horta do Seminario
BURELA: Praza da Mariña. (Concentración)
SANTIAGO: Praza do Toural
CARBALLO:Praza do Concello
Tamén haberá mobilizacións en:
Allariz ás 11:30h diante do IES de Allariz
Arzúa ás 11:30h diante do IES Arzúa
Betanzos ás 11:30h diante dos IES Francisco Aguiar e As Mariñas (Avda. da Coruña)
Cangas ás 11:30h diante do edificio do Concello de Cangas
Cee ás 11:30h diante IES Fernando Blanco
Lalín ás 12:00 diante da praza da igrexa
Moaña ás 11:30h diante IES As Barxas
Noia ás 11:30h na Alameda, diante do IES Virxe do Mar
O Barco de Valdeorras ás 11:30h diante IES Lauro Olmo
Ponteareas ás 12:00h na rúa Feliciano Barrera (diante dos IES)
Ribadeo ás 11:30h diante IES Ribadeo (antigo IES Gamallo Fierros)
Rianxo ás 11:30h diante do IES Félix Muriel
Verín ás 11:30h diante do IES Xesús Taboada Chivite (Avda. de Portugal)
Xinzo da Limia ás 11:30h na praza Maior