A CIG-Ensino asina no MEC a constitución dunha Mesa de Negociación mentres non se constitúa a Mesa Sectorial de Educación

Reunión no MEC

Nunha reunión no MEC o martes 30 de xuño, a CIG-Ensino asinou a constitución dunha Mesa de Negociación. A intervención de CIG-Ensino baseouse na defensa inequívoca do ensino público como único garante da igualdade de oportunidades, lexislar no camiño de reducir os concertos, respectar as competencias das diferentes administracións educativas para poder ampliar o marco galego de negociación, mellorar as condicións de traballo do profesorado
A CIG-Ensino asina no MEC a constitución dunha Mesa de Negociación mentres non se constitúa a Mesa Sectorial de Educación
 
O martes 30 de xuño a CIG-Ensino asinou no MEC a constitución dunha Mesa de Negociación mentres non se constitúa a Mesa Sectorial de Educación, cuxa constitución depende da Mesa Xeral.
 

Na súa intervención, o ministro fixo fincapé na necesidade de alcanzar o “pacto pola educación” non como fin senón como medio, concebido como un pacto social e político no que participen todas as CCAA, axentes sociais e comunidade educativa.  Destacou que a prioridade será a negociación do Estatuto Básico docente, retomando a negociación e o texto de outubro de 2007. Na súa intervención, fixo unha referencia a negociar a xubilación anticipada.
 
A intervención de CIG-Ensino baseouse na defensa inequívoca do ensino público como único garante da igualdade de oportunidades, lexislar no camiño de reducir os concertos, respectar as competencias das diferentes administracións educativas para poder ampliar o marco galego de negociación, mellorar as condicións de traballo do profesorado (xubilación anticipada, desenvolvemento artigo 105 da LOE, acceso, etc.); a necesidade de que se negocien todos e só os proxectos de ámbito estatal na Mesa e de que o futuro Estatuto Básico do Profesorado deberá ser exclusivamente de bases para que non condicione a futura negociación do Estatuto Galego do Profesorado e terá que dar resposta satisfactoria ás nosas demandas.
 
Acordouse iniciar a negociación do Estatuto Básico docente e fixar un calendario de temas a negociar. A primeira sesión fica fixada para o día 10 de setembro, partindo do último texto.

Volver