A CIG-Ensino apoia o profesorado do IES A Pobra diante da nova agresión da Consellaría de Educación

Usa a páxina web institucional para atacar ao centro

A CIG-Ensino quere insistir no seu apoio ao profesorado do IES A Proba diante do novo ataque da Consellaría de Educación que decidiu utilizar a súa páxina web para darlle publicidade a un comunicado de prensa no que volve agredir ao profesorado deste centro. A CIG-Ensino denuncia o camiño iniciado pola Consellaría de Educación máis preocupada pola imaxe pública dos seus responsábeis que polas necesidades dos centros.

A nota de prensa da Consellaría de Educación na que arremete contra o profesorado do centro acusándoo de irresponsable e insolidario súmase ás xa desafortunadas declaracións do xefe territorial da Coruña  nas que responsabiliza os docentes da situación de abandono do centro escolar e das súas carencias.



A CIG-Ensino esíxelles aos responsables da administración educativa unha rectificación inmediata coas desculpas correspondentes. Do contrario a Consellaría debería cesar fulminantemente o xefe territorial. Entendemos que o profesorado está esforzándose por mellorar as condicións do centro  e intentando que se dea resposta ás necesidades urxentes de recursos materiais e humanos. A CIG-Ensino considera que calquera xesto de lexítima  protesta desde os centros está sendo interpretado como unha acción política cando o que realmente se pode considera un uso político é a utilización da páxina web institucional para fins non educativos. O desprezo do xefe territorial da Coruña polos e polas  docentes lévao a acusalos da desidia e do desinterese dos que é responsable a Consellería, que neste caso se concreta no  total abandono polo ensino público.


“É indigno dun responsable educativo que pretenda que se gaste o orzamento destinado o funcionamento do centro en reparalo e pintalo, retraendo este orzamento das necesidades para as que é  concibido –explica o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao. É habitual que as autoridades educativas, ante a falta de argumentos acusen da facer política a quen se mobiliza e demanda que a administración cumpra coa súa obriga, neste caso, de garantir unha unhas instalación educativas adecuadas. Pero non se pode terxiversar a realidade, xa que a comunidade escolar reacciona ante unha actuación política da Consellaría de Educación con total dignidade e lexitimidade”, engade.

Desde a CIG-Ensino denunciamos que a Consellaría de Educación  fai un uso perverso e fraudulento da súa páxina web e que malia ser un espazo institucional utilízao para atacar e difamar o IES da Pobra. En consecuencia, a CIG-Ensino esíxelle ao xefe territorial que rectifique e pida desculpas publicamente pois do contrario  está demostrando que non é merecedor do cargo que ocupa.

INFORMACIÓNS ANTERIORES

A CIG-Ensino apoia ao profesorado do IES A Pobra diante dos ataques da Consellaría de Educación

Volver