A CIG-Ensino apoia a iniciativa da Asociación de Escritoras e escritores en Lingua Galega, AELG, para celebrarmos o día de Rosalía no ano en que se cumpren 175 anos do seu nacemento

A CIG-Ensino súmase á proposta de celebrar esta importante data agasallando un libro en galego e unha flor. Ao tempo animámosvos a participar nos actos de lectura colectiva de Rosalía que se celebrarán en distintas cidades galegas

A CIG-Ensino valora que celebrarmos o Día de Rosalía agasallando un libro e lendo a obra da nosa autora é un dos mellores xeitos de promover e apoiar o noso idioma.
Feliz día de Rosalía.
Nesta nova podedes ver as horas e lugares onde se celebrarán lecturas colectivas.

A CIG-Ensino vén reclamando desde hai tempo que o 24 de febreiro se inclúa no calendario escolar como unha conmemoración centrada no recoñecemento e difusión da autora que simboliza o Rexurdimento da nosa lingua e a nosa literatura. A data sumaríase a outras que xa  se conmemoran no ensino. Por este motivo propúxoo na negociación do calendario escolar e mesmo lle remitiu un escrito ao  Conselleiro de Educación. Mais a Consellaría negouse a esta proposta, malia o seu carácter de recomendación, unha negativa que non se entende se non é desde o desprezo absoluto a todo o que nos é propio.

A CIG-Ensino valora que celebrarmos o Día de Rosalía agasallando un libro e lendo a obra da nosa autora é un dos mellores xeitos de promover e apoiar o noso idioma.

Feliz día de Rosalía.


Lugares en que se celebrarán lecturas colectivas: 

Santiago de Compostela, Panteón dos Galegos Ilustres, 18:00

A Coruña, Kiosko Alfonso, 18:30

Lugo, Salón de actos do IES Lucus Augusti, 10:30

Ourense, Liceo, 19:00

Ferrol, Galería Sargadelos, 19:00

Vigo, Museo de Arte Contemporánea (MARCO), 19.30

A Rúa, Biblioteca Pública Municipal, Casa da Cultura, 18.30

Pontevedra, Casa das Campás, 18.00

A Estrada, Sala de conferencias e exposicións CaixaNova, 19.00

Monforte, Centro do viño, 21.00 

Volver