A CIG-Ensino apoia a convocatoria de folga convocada polas organizacións estudantís galegas para o día 26 de febreiro
on numerosas e poderosas as razóns que xustifican que o estudantado convoque esta xornada de folga
O Goberno central vén de aprobar unha nova ordenación das ensinanzas universitarias que reduce os estudos de Grao e incrementa os de mestrado, que empeora a calidade do ensino, favorece as universidades privadas e impide o acceso da maioría social á universidade, ao encarecer aínda máis os estudos universitarios. Tanto o Goberno central como o galego están empeñados en fixar un sistema educativo máis selectivo, clasista e españolizador, fundamentos da propia LOMCE, cuxa aplicación está a amosar menos equidade do sistema educativo e redución dos orzamentos para o ensino público a cambio da potenciación do ensino privado concertado. A CIG-Ensino participará nas diferentes mobilizacións que ao longo do día 26 de febreiro se desenvolverán por este motivo por todo o país.