A CIG Ensino anuncia a folga e manifestación de mañá día 8 de xuño na defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos

FOLGA 8 DE XUÑO

A CIG Ensino visitou a maioría dos centros educativos do país, realizando máis de 1.000 asembleas nas que cominou á xente a participar na folga e manifestarse na defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos.
A CIG Ensino anuncia a folga e manifestación de mañá día 8 de xuño na defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos
 
A CIG Ensino visitou a maioría dos centros educativos do país, realizando máis de 1.000 asembleas nas que cominou á xente a participar na folga e manifestarse na defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos.
 
Perante ás medidas do goberno do estado, asumidas polo goberno galego do Partido Popular, a CIG considera que se poden adoptar moitas outras medidas como é o control dos mercados financeiros para evitar a especulación, os paraísos fiscais e a evasión de capitais; unha fiscalidade progresiva, recargar as grandes fortunas e perseguir a fraude fiscal; incrementar o gasto social e reducir os gastos militares (intervencións imperialistas como a de Afganistán), eliminar subvencións ao ensino privado (259 millóns € na Galiza), eliminación dos ministerios de materias que teñen transferidas as competencias, eliminación das Deputacións e subdelegacións do goberno, plus dos altos cargos, subvencións á igrexa, etc. En definitiva hai centos de medidas para reducir o déficit sen que carguen os custes sobre o lombo dos/das traballadores/as e sen diminuír o investimento produtivo e que se non se levan a cabo é porque van contra os intereses dos causantes e beneficiarios desta crise.
 
Desde a CIG animamos a todas as empregadas e empregados públicos a participar nunha folga que vai ter gran incidencia, asemade cominamos a todas as traballadoras e empregados públicos a participar nas manifestacións que se van realizar nas sete cidades galegas, en horarios e lugares que podedes ver a continuación:
 
Compostela: Praza do Toural ás 11:30
A Coruña:       Praza da Palloza ás 11:30
Ferrol:             Rúa Eduardo Pondal 41-43 ás 12:00
Pontevedra:   Praza da Ferrería ás 11:30
Lugo:               Ronda de Muralla, 58, ás 12
Ourense:        Praza Maior ás 11:30
Vigo:                A Doblada ás 11:30

Volver