A CIG-Ensino, ante a modificación unilateral por parte da Consellaría dos criterios a seguir no procedemento de acceso aos datos do Rexistro de Delicuentes Sexuais, manifesta:

Sen ningún tipo de información previa, nin ás organizacións sindicais nin ao propio profesorado, a Consellaría de Educación acaba de trasladarlles aos centros un cambio de criterio, creando confusión entre os docentes e as docentes

A Consellaría de Educación primeiro na Mesa Sectorial e, posteriormente, por medio dunha circular enviada aos centros de ensino, informou do procedemento que seguiría para dar cumprimento á Lei 26/2015 de protección á infancia e á adolescencia que esixe que se comproben os antecedentes relacionados con delitos sexuais.

Sen ningún tipo de información previa, nin ás organizacións sindicais nin ao propio profesorado, a Consellaría de Educación acaba de trasladarlles aos centros un cambio de criterio, creando confusión entre os docentes e as docentes.


Un vez máis, a Consellaría de Educación actúa con improvisación, imposición e total e absoluto desprezo polo profesorado, creando  incerteza e convertendo un trámite nun problema.

Volver