A CIG-Ensino amosoulle o seu apoio ao alumnado e ao profesorado das Escolas que solicitan a súa adscripción á Universidade
Fixeron unha marcha a pé desde Pontevedra do 8 ao 11 de outubro para esixir para as súas titulacións o recoñecemento de graos
A Plataforma Galega pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores na Universidade pretende que os centros integrados na mesma e as titulacións que ofrecen se adscriban á universidade. O obxectivo urxente é a consecución da titulación de Grao para os alumnos que se matricularon nel e que lles foi negado por unha senteza do Tribunal Supremo. Para darlle solución a ese problema, propoñen a adscrición e posterior integración das ensinanzas artísticas superiores na universidade galega. Máis alá, pretenden a posta en valor e pleno desenvolvemento destas ensinanzas, que veñen reclamando dita integración hai moito tempo. A Plataforma entende que a súa petición é razoable e factible, e por iso confía en que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dea os pasos necesarios para dar resposta as súas demandas.