A CIG denuncia que, a día de hoxe, a Consellaría de Educación non cobre as baixas de varias especialidades do corpo de mestres

BAIXAS SEN CUBRIR

A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue coa súa política de ataque ao ensino público, empeorando a calidade do servizo, ao non cubrir as baixas do corpo de mestres coa inmediatez necesaria.A Día de hoxe, están sen cubrir 44 prazas. Destas 35 son baixas por enfermidade, e 5 permisos por matrimonio. No caso dos permisos todos eles son comunicados cun mes de antelación, polo que a Consellaría pode facer a previsión das prazas que terá que cubrir. Destes cinco casos, un iniciouse o día 22, outro o 23, outro o 26 e outro onte día 27, ou sexa unha media de tres días de non cobertura do permiso. Sabemos que a un dos centros que preguntou porque non se estaba a cubrir este permiso, cando en anos anteriores se cubría o mesmo día en que se iniciaba, respondéronlle que extraviaran o escrito. Desde a CIG preguntámonos se a táctica é nos catro casos extraviar o escrito para que cando o atopen falten menos de dez días e non se cubra o permiso. Ademais estes catro casos son un de inglés (o do 22), outro de Pedagoxía terapétutica (o do día 27) e dous de Educación Primaria (os dos días 23 e 26).
A CIG denuncia que, a día de hoxe, a Consellaría de Educación non cobre as baixas de varias especialidades do corpo de mestres, habendo un número elevado de substitutos sen praza nas listaxes
 
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación segue coa súa política de ataque ao ensino público, empeorando a calidade do servizo, ao non cubrir as baixas do corpo de mestres coa inmediatez necesaria.
 
A Día de hoxe, están sen cubrir 44 prazas. Destas 35 son baixas por enfermidade, e 5 permisos por matrimonio. No caso dos permisos todos eles son comunicados cun mes de antelación, polo que a Consellaría pode facer a previsión das prazas que terá que cubrir. Destes cinco casos, un iniciouse o día 22, outro o 23, outro o 26 e outro onte día 27, ou sexa unha media de tres días de non cobertura do permiso. Sabemos que a un dos centros que preguntou porque non se estaba a cubrir este permiso, cando en anos anteriores se cubría o mesmo día en que se iniciaba, respondéronlle que extraviaran o escrito. Desde a CIG preguntámonos se a táctica é nos catro casos extraviar o escrito para que cando o atopen falten menos de dez días e non se cubra o permiso. Ademais estes catro casos son un de inglés (o do 22), outro de Pedagoxía terapétutica (o do día 27) e dous de Educación Primaria (os dos días 23 e 26).
            Das 35 baixas por enfermidade, 20 foron comunicadas entre o 21 de abril e onte mesmo, soamente 15 teñen data de hoxe. De todas estas hai cinco prazas de educación infantil sen cubrir, dúas desde o luns 26, e das que xa foron comunicadas a semana pasada, hai 1 prazas de orientación, do día 22, outra de Primaria, do 23, outra de Audición e linguaxe e outra de francés, ambas as dúas desde o 22, e deste mesmo luns están sen cubrir unha de francés e outra de Primaria.
            Vemos pois que son casos variados, sangrantes e que contrastan coas listaxes de substitutos que segundo a propia Consellaría non están ocupados neste momento: 651 de primaria, 1079 de Educación Infantil, 98 de Audición e Linguaxe, 251 de orientación, 3 de francés e mesmo 2 de inglés, materia da que a Consellaría di que non teñen substitutos e substitutas.
            Esta ineficacia manifesta da Consellaría de Educación está provocando a sobrecarga dos centros e do profesorado, con casos especialmente escandalosos, pois algún dos centros que leva xa cinco días sen que se lle cubra a baixa, aplicóuselles o acordo de agrupamentos, polo que neste momento contan con menos profesorado do que lles correspondería polo número de alumnos, e aínda por riba non se lles cobren as baixas. Ademais, esta situación prexudica fundamentalmente ao alumnado que está sen clases da materia.
            A CIG-Ensino esixe que a Consellaría cubra inmediatamente as prazas, pois á vista dos datos achegados non encontramos explicación para que non se estean cubrindo as baixas o mesmo día en que se producen.

Volver