A CIG denuncia persecución e represión para impedir as mobilizacións nos centros de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Desde a CIG, baixo ningún concepto imos aceptar que se nos impida a realización do noso traballo sindical na defensa das traballadoras e os traballadores

A CIG denuncia que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar reprime e ameaza para impedir as mobilizacións nos centros de traballo do Consorcio, co obxecto de impedir que as traballadoras e os traballadores fagan visíbel ao conxunto da sociedade as súas reivindicacións.

Desde a CIG, baixo ningún concepto imos aceptar que se nos impida a realización do noso traballo sindical na defensa das traballadoras e os traballadores, moito máis cando se trata dun colectivo que é o que está nas peores condicións laborais dentro da Administración.

Desde o Consorcio, atrévense a ameazar e reprimir as traballadoras e os traballadores con que se ateñan ás consecuencias se se levan a cabo as accións previstas e acordadas na asemblea de traballadoras e traballadores o pasado 25 de febreiro. O Consorcio chega ao extremo de impedir a realización de asembleas.

Non lle chega ao consorcio con desprezar os seus traballadores e traballadoras someténdoos a unhas condicións de traballo e a unhas retribucións indignas. Máis de 1500 traballadoras e traballadores están sen convenio e teñen en perigo o seu posto de traballo nun servizo que o Consorcio pretender privatizar. Pois ben, non lle chega con iso senón que pretende impedir o exercicio do dereito á reunión e á manifestación con circulares e chamadas telefónicas que pretenden amedrentar e impedir as mobilizacións para conseguir mellores condicións laborais e salariais, un mellor funcionamento do servizo e a garantía de que siga sendo público. Estamos ante unha actitude de obstrución ao traballo sindical e que conculca os dereitos das traballadoras e os traballadores. 

A CIG quere denunciar publicamente a actitude persecutoria e conculcadora dos dereitos laborais que ten a Xerencia do Consorcio que, nin máis nin menos pertence á Consellaría de Traballo e Benestar, unha actitude que conta co beneplácito da Conselleira.

O Consorcio pretende, así mesmo, trasladarlle ás direccións das Escolas Infantís e Centros de Maiores cometidos que non lle son propios dentro da conflitividade laboral que neste momento se deriva da actuación represiva do Consorcio.

A falta de argumentos e de diálogo para non negociar a aplicación do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza, o camiño emprendido da privatización do carácter público do Consorcio e a carencia de estabilidade no oposto de traballo son os que levan ao consorcio a actuar dunha maneira represiva atemorizando aos traballadores para que non se mobilicen nin actúen contra a precariedade laboral en que están.

Desde a CIG, baixo ningún concepto imos aceptar que se nos impida a realización do noso traballo sindical na defensa das traballadoras e os traballadores, moito máis cando se trata dun colectivo que é o que está nas peores condicións laborais dentro da Administración.

Galería de Fotos

  • A CIG denuncia persecución e represión para impedir as mobilizacións nos centros de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Volver