A CIG denuncia a supresión das axudas aos intercambios escolares co estranxeiro

INTERCAMBIOS ESCOLARES CO ESTRANXEIRO

A CIG-Ensino vai levar á Mesa Sectorial docente non Universitaria, que se realizará este mércores día 10, unha pregunta sobre a supresión das axudas para os intercambios escolares co estranxeiro. Segundo denuncia o profesorado dos centros afectados, a Consellaría de Educación non publicou, a día de hoxe, as axudas para intercambios escolares co estranxeiro que se veñen realizando desde hai moitos anos e a algúns deles xa os informou de que estas axudas Foron suprimidas. A supresión afectaría a máis de 100 centros que anualmente veñen solicitando estas achegas.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas