A CIG DENUNCIA A SITUACIÓN DO PERSOAL DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR

Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Por se non foran abondos os prexuízos que se lle causou ao persoal do Consorcio, cuestionando a lexitimidade e transparencia do acceso aos seus postos de traballo, a súa profesionalidade, a súa liberdade e independencia no exercicio das súas funcións e até os seus dereitos laborais no que se refire á estabilidade e a mellora das condicións de traballo, e logo de utilizar este servizo como un instrumento electoral, cunha estratexia chea de falsidades e avalada por algúns medios de comunicación, que lle achegou os seus réditos, resulta inaceptábel que, agora, cando o PP xa ten a responsabilidade de goberno, siga empeñado nesa actitude.

Ligazón

Volver