A CIG convoca mobilizacións nas vilas e cidades con motivo do paro xeral por Palestina
Pola mañá están convocadas 15 mobilizacións contra media mañá e pola tarde a central nacionalista chama a participar nas convocadas pola Coordinacora Galega
A convocatoria da CIG abrangue a todo o persoal de todos os centros de traballo públicos e privados situados en Galiza e consiste nun paro de catro horas por quenda laboral, nas seguintes franxas horarias:
- Das 22:00 horas do día 14 de outubro ás 02:00 horas do día 15, na quenda de noite.
- Das 10:00 horas ás 14:00 horas, na quenda de mañá.
- Das 18:00 horas ás 22:00 horas, na quenda de tarde.
No marco da xornada de paro xeral por Palestina do próximo 15 de outubro, a CIG ten convocadas mobilizacións ese día pola mañá en diversas cidades e vilas para visibilizar a solidariedade do pobo galego co pobo palestino, reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal e para exixir medidas políticas e económicas reais e efectivas contra o Estado sionista de Israel.
Mobilizacións da Coordinadora Galega
A CIG fai un chamado a secundar estes paros laborais e as mobilizacións e a participar tamén nas protestas que a Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina organiza o 15 de outubro ás 20 horas.