
A CIG convoca este domingo manifestacións en todas as comarcas con motivo do Día da Clase Obreira Galega
A central nacionalista nucleará as reclamacións deste 10 de Marzo no dereito a un emprego digno, á negociación colectiva e á soberanía nacional
Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Con este motivo, convocaranse manifestacións, o vindeiro domingo, en todas as cidades, baixo o lema “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios”. A manifestación central, como vén sendo habitual, será a de Ferrol.
Horarios e lugares de saída das manifestacións
-Ferrol: 12:30 horas, Avenida do Esteiro (local da CIG).
-Vigo: 11:30 horas, Cruce de Lepanto con Gran Vía.
-A Coruña: 12:00 horas, Praza de Vigo.
-Compostela: 12:30 horas, Praza Roxa.
-Lugo: 11:30 horas, Ronda da Muralla (local da CIG).
-Ourense: 12:00 horas, Pavillón dos Remedios
-Pontevedra: 12:00 horas, Praza da Peregrina.