A CIG convoca concentracións este xoves, en todas as cidades galegas, contra a reforma laboral

A central sindical exixe a retirada desta regresiva medida aprobada polo PP, que pretenden referendar, ese mesmo día, no Congreso dos Deputados

Coincidindo co día no que se referendará no Congreso dos Deputados a reforma laboral, a CIG convoca concentracións en todas as cidades galegas para exixir a súa retirada. A central sindical denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais que está a impor o Partido Popular.

A CIG demanda do goberno do PP a retirada da reforma laboral, logo do rotundo rexeitamento manifestado polos traballadores e traballadoras que participaron, de forma masiva, na convocatoria de folga xeral e nas multitudinarias mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo.

Por iso convoca, para este xoves, día 12 de abril, concentracións en todas as cidades que terán lugar en:

- Compostela: Praza de Galiza, 20.00 horas.

- A Coruña: Delegación do Goberno, 20.00 horas.

- Vigo: Farola de Príncipe, 20.00 horas.

- Ourense: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Pontevedra: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Lugo: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.

- Ferrol: Praza do Concello, 19.30 horas.

Volver