
A CIG convoca concentracións en todos os centros de traballo (galescolas, centros de día...) do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Denuncia a situación de total abandono das traballadoras e traballadores do Consorcio
A CIG convoca, para mañá día 23 de novembro, concentracións en todos os centros de traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar pola situación de abandono na que se atopan esixindo entre outras, as seguintes medidas:
- Que se inicie un proceso negociador para aplicar todo o persoal do Consorcio no Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia.
- Que se resolvan todas as irregularidades que se están a dar na actualidade no que ten que ver coa xestión das listaxes, substitucións, cobertura das baixas, modalidades de contratos, falla de recursos materiais e humanos, despedimentos, oferta formativa insuficiente, etc
- Que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución, aplicando os criterios que se aplican para o resto do persoal da Xunta.
- Que se atendan en tempo e forma as demandas das diferentes necesidades dos centros.
- Que co obxecto de estabilizar os cadros de persoal é necesario negociar o acceso a condición de laboral fixo.
As concentracións serán ao longo da mañá nas portas dos centros de traballo.
Por todo isto a CIG esixe ao Consorcio Galego de igualdade e Benestar unha entrevista co xerente do Consorcio para dar unha resposta inmediata ás demandas das traballadoras e traballadore